Stabat Mater

Stabat Mater

Prosa litúrxica latina, que comeza con estas palabras, alusivas ás dores da Virxe ao pé da cruz. Atribuída a Iacopone da Todi ou a san Boaventura, foi transmitida en numerosas variantes ata a súa inclusión no misal romano (1727). Foi musicada, entre outros, por Josquin des Prés, A. Scarlatti, G. B. Pergolesi, F. J. Haydn, G. Rossini e G. Verdi.