Stalingrado, Batalla de

Stalingrado, Batalla de

Combate que se desenvolveu en Stalingrado no transcurso da Segunda Guerra Mundial (1942-1943). Logo de franquear o Don, as tropas alemás, baixo as ordes de Von Paulus, atacaron a cidade, defendida polos rusos, comandados por Čujkov. Os alemáns ocuparon algunhas zonas da cidade, pero non conseguiron pasar o Volga. A finais de novembro, as tropas rusas atacaron e rodearon ás de Von Paulus, que capitulou o 21 de xaneiro de 1943.

Palabras veciñas

Stalin, Josif | Stalinabad | Stalingrado | Stalingrado, Batalla de | stalinismo | stalinista | Stalino