Stamp Act
Stamp Act
Lei británica (1765) que ditaba un imposto para as colonias americanas, obrigándoas a utilizar papel timbrado nos actos xurídicos e comerciais. As colonias non aceptaron un imposto votado nun parlamento onde non tiñan representación e, reunidas no Congreso de Virginia, declararon o boicot aos produtos británicos e conseguiron a abrogación da lei.