Starčevo, cultura de

Starčevo, cultura de

Cultura neolítica (6000-4000 a C) desenvolvida no SL de Europa e nos Balcáns, denominada así pola localidade serbia de Starčevo, ao L de Belgrado. Caracterízase por unha cerámica tosca, por pezas finas monocromas ou polícromas e por unhas figuras femininas corpulentas pero moi estilizadas. Vincúlase coa cultura de Sesklo, en Grecia, e coa de Hacilar, en Asia Menor.