Stijl, De

Stijl, De

Movemento artístico holandés, tamén denominado neoplasticismo, que, partindo da razón e de modelos teórico--prácticos concretos, propuxo unha nova ordenación xeométrica do mundo en contraposición á irracionalidade destrutora da Primeira Guerra Mundial. Desenvolveuse entre 1917 e 1924 e publicou a revista De Stijl. Tende á máxima redución dos elementos integrantes da obra artística e fixo das liñas vertical e horizontal, así como das tres cores elementais (amarelo, azul e vermello) a base de toda a súa gramática formal. Destacaron os pintores T. Van Doesburg e P. Mondrian, o escultor Vantongerloo e os arquitectos G. T. Rietveld e J. J. P. Oud.