Stock, sistema de
Stock, sistema de
[QUÍM]
Sistema que se emprega na nomenclatura química inorgánica para indicar as proporcións relativas dos elementos ou grupos constituíntes dunha substancia. Consiste no uso de cifras romanas, referidas ao estado de oxidación dos elementos, situadas entre parénteses a continuación dos nomes destes, como, por exemplo: FeCl2 (cloruro de ferro (II)).