Strelitzia
Strelitzia
[PLANTA]
Xénero de plantas herbáceas, da orde das cinxiberais, cunha inflorescencia protexida por unha bráctea de gran tamaño. Comprende 5 especies, da que destaca, polo seu valor ornamental, S. reginae (ave do paraíso), moi apreciada en floricultura e xardinaría.