suarismo
suarismo
(< antropónimo F. Suárez)
s
m
[FILOS]
Doutrina de Francisco Suárez e dos seus seguidores, tradicionalmente representada polos xesuítas, que se basea na posición intermedia entre o tomismo e o escotismo. Afirma a cognoscibilidade do singular e rexeita o principio aristotélico-tomista de individuación pola materia, a idea dun ens generalissimum e a insistencia na analoxía da atribución, a oposición á distinción real entre esencia e existencia e a elaboración do concepto de modo.