subconsumo
subconsumo
(< sub- + consumo)
s
m
[ECON]
Desaxuste na circulación económica motivado por unha insuficiencia da demanda para absorber todos os produtos que se ofrecen no mercado. Malthus e Sismondi viron a tendencia secular ao subconsumo como unha consecuencia da crecente miseria da gran maioría da poboación, fronte á ampliación constante da produción. O pensamento marxista retomou a súa análise como esencial no modo capitalista de produción que, ao expandirse, condiciona o mantemento da taxa de beneficios a forza de reducir a participación dos salarios na distribución da renda, o que comporta unha insuficiencia crónica do consumo.