subdución
subdución
(
s
f
[XEOL]
Afundimento dunha placa litosférica por debaixo doutra. As zonas de subdución son os bordos destrutivos das placas onde a litosfera oceánica penetra profundamente no manto e é absorbida. As zonas de subdución na superficie son as fosas oceánicas, ás que pode haber asociado un arco de illas ou unha cordilleira no nivel da liña de costa. Son áreas cunha intensa actividade volcánica e sísmica, e os focos sísmicos atópanse situados sobre o plano de Bemoff.