subordinación

subordinación

(< latsubordinatĭōne)

  1. s f

    Acción e efecto de subordinar ou subordinarse.

  2. s f

    Estado de dependencia dunha persoa ou cousa con respecto a outra.

  3. s f [LING]

    Relación que se establece entre dúas ou máis oracións dentro dunha oración composta, cando unha delas (oración subordinada) depende lóxica e gramaticalmente da outra (oración principal).

    Sinónimos: hipotaxe.

Palabras veciñas

suboficial | suborbital | suborde | subordinación | subordinacionismo | subordinado -da | subordinante