substancia

substancia

(

  1. s f
    1. Cada unha das diversas formas da materia da que están compostos os corpos e que se distinguen entre eles por un conxunto de propiedades organolépticas, físicas e químicas.

    2. substancia branca [ANAT]

      Parte do sistema nervioso central, de cor branca, formada por fibras nerviosas mielínicas e situada na parte interior do cerebro e na parte periférica da medula. OBS: Tamén se denomina materia branca.

    3. substancia cortical [ANAT]

      Substancia que forma o córtex do cerebro ou doutro órgano, como o ril.

    4. substancia gris [ANAT]

      Parte do sistema nervioso central, de cor gris, formada polos somas das neuronas, fibras amielínicas e células da glía e situada na parte periférica do cerebro e na parte interior da medula. OBS: Tamén se denomina materia gris.

    5. substancia intersticial [BIOL]

      Substancia sólida ou líquida que existe entre as células de tecidos animais.

    6. substancia pura [QUÍM]

      Clase de materia homoxénea, de composición química definida, que non se pode descompoñer noutras máis simples por métodos físicos.

    7. substancia tigroide [BIOL]

      gránulos de Nissl.

  2. s f

    Parte esencial ou máis importante dunha cousa.

  3. s f [ALIM]

    Parte primordial dunha comida, en que reside o poder nutritivo do alimento e o sabor.

  4. s f [LING]

    Conxunto dos elementos materiais dunha lingua (os sons) e a significación destes elementos. Oponse á forma lingüística e esta oposición maniféstase no nivel da expresión (onde a substancia é o son descrito segundo a física, e a forma é a organización abstracta da substancia fónica) e no nivel de contido (onde a substancia fónica é o obxecto de estudo da semántica, e sobre ela proxéctase a forma do contido). Para F. de Saussure a lingua é unha forma e non unha substancia.

  5. s f [FILOS]

    Concepto fundamental da filosofía aristotélico-escolástica e dunha boa parte das filosofías modernas e contemporáneas, que designa aquilo que permanece debaixo, que é soporte dos accidentes e que, como contraposición a estes, subsiste en si mesmo. O termo ten unha certa relación co de esencia e cos de subsistencia, substrato e suposto, e mesmo cos de suxeito e persoa. Se a oposición substancia-accidente permite explicar o movemento e o cambio accidental, o cambio substancial foi explicado a partir da afirmación de que a substancia está composta de materia e forma. A distinción entre substancias completas e substancias incompletas foi establecida para explicar a unidade de corpo e alma.

  6. s f [RELIX]

    Natureza divina.

Palabras veciñas

subsolar | subsolo | subsónico -ca | substancia | substanciación | substancial | substancialidade