substantivación

substantivación

(

s f [LING]

Transposición pola que unha palabra que pertence a unha categoría gramatical diferente do substantivo pasa a exercer a función deste. Algúns lingüistas distinguen entre substantivación usual ou semántica, non condicionada por circunstancias sintácticas (Sérvelle o xantar aos pobres. O branco do ollo. Non me dixo o porqué) e substantivación ocasional ou sintáctica, condicionada por un contexto (Ten un camiñar moi alegre. Afonso X o Sabio).