substitución
(
-
s
f
Acción e efecto de substituír.
-
[DER]
-
s
f
Disposición testamentaria pola que se designa un substituto para que reciba a herdanza en lugar do herdeiro que non queira ou non poida selo.
-
substitución exemplar
Substitución legal por parte dos ascendentes, na facultade de testar, dunha persoa con incapacidade mental para facelo.
-
substitución fideicomisaria
Substitución en que o testador (fideicomitente) encarga ao herdeiro (fiduciario) que conserve ou transmita a un terceiro (fideicomisario) o todo ou a parte da herdanza.
-
substitución pupilar
Substitución legal, por parte do pai ou da nai, na facultade de testar, en nome dos fillos ou descendentes menores de catorce anos.
-
substitución vulgar
Previsión testamentaria pola que o testador chama a herdanza a unha ou máis persoas co carácter de substitutos vulgares, que entrarán nesta en caso de que o chamado en lugar preferente non poida ou non queira ser herdeiro.
-
s
f
-
s
f
[ECON]
Posibilidade de utilización de factores alternativos nun proceso de produción ou de elección de bens excluíntes por parte do consumidor. A susbtitución dun ben por outro implica a identidade do seu valor (de determinadas cantidades de cada un deles) e dá lugar ao concepto de elasticidade de substitución, que mide a proporción en que dous bens determinados son intercambiables para un consumidor tamén determinado. O efecto substitución tenta medir as variacións no seu prezo relativo. A relación en que son substituíbles dous bens denomínase relación marxinal de substitución.
-
s
f
[MAT]
Cambio dunha cantidade por outra nunha ecuación, nunha integral ou nun sistema de ecuacións lineais.
-
s
f
[PSIQ]
Mecanismo de defensa mediante o que o organismo substitúe unha actividade por outra.
-
reacción de substitución
[QUÍM]
Reacción orgánica en que un átomo ou un grupo de átomos, tanto en forma aniónica como catiónica, se integra nun composto orgánico mediante o establecemento dun enlace covalente cun átomo de carbono, desprazando deste a outro átomo ou grupo de átomos. Segundo o carácter electrónico do reactivo, as reaccións de substitución clasifícanse en: reaccións de substitución nucleofílica e reaccións de substitución electrofílica. As reaccións de substitución nucleofílica teñen lugar sobre átomos de carbono saturados, como por exemplo a transformación dun haloxenuro de alquilo nun alcohol. As reaccións de substitución electrofílica teñen lugar en compostos aromáticos grazas á súa concentración de carga, como por exemplo a nitración do benceno. A reacción iníciase cun ataque da especie electrófila sobre o anel aromático con formación dun complexo ó, denominado intermedio de Wheland, con perda parcial do carácter aromático, continuando coa eliminación dun protón do carbono sobre o que se produce o ataque, recuperando a aromaticidade. Deste xeito, a substitución electrofílica aromática é a resultante dunha adición e unha eliminación. As máis importantes son a nitración, cuxa especie activa é o ión nitronio (NO 2 ); a haloxenación, que se dá xeralmente en presenza de ácidos de Lewis; a sulfonación, cuxo axente activo é o trióxido de xofre (SO 3 ) e as reaccións de Friedel-Crafts.
-
substitución lingüística
[LING]
Proceso sociocultural polo que unha lingua ou variedade lingüística dominante se impón totalmente ou parcialmente sobre outra.