sudeto -ta
-
adx
Relativo ou pertencente ao pobo sudeto.
-
s
[ETN]
Individuo do pobo sudeto.
-
s
m pl
[ETN]
Pobo de fala alemá que habita nas terras de Bohemia fronteirizas con Alemaña. Descendentes de colonos xermánicos chegados a partir do s XIII, unha parte deles demandou en 1919 a incorporación do seu territorio á República Alemá, pero o Tratado de Saint--Germain adscribiuno a Checoslovaquia. Esta reivindicación reavivouse en 1933 cando, co apoio de Hitler, Konrad Henlein fundou a Fronte Patriótica dos Alemáns Sudetos, transformado en 1935 en Partido Alemán dos Sudetos, que triunfou nas eleccións lexislativas de 1935 e nas municipais de 1938. A Conferencia de Múnic (29-30 de setembro) acordou a anexión da rexión do Sudety por Alemaña, se era ratificada por un plebiscito. Pero o plebiscito non se chegou a realizar, pois o 1 de outubro de 1938 o exército alemán ocupou o territorio, do que, ao volver a Checoslovaquia en 1945, foron expulsados case tres millóns de sudetos.