sulfato
(< lat sulphur ‘xofre’)
-
s
m
[QUÍM]
Sal ou éster do ácido sulfúrico, que se forma por substitución dos dous átomos de hidróxeno. Coñécense sulfatos de case todos os metais e é común a formación de sulfatos dobres, especialmente entre un metal trivalente e un monovalente. Son solubles en auga, agás os alcalinotérreos, o de calcio, o de bario, o de estroncio e os de chumbo e prata. Os sulfatos neutros obtéñense, en xeral, por reacción do ácido sulfúrico cun metal, un hidróxido, un óxido ou un sal doutro ácido, ou por oxidación de sulfuros e sulfitos. Un gran número de sulfatos atopan unha importante aplicación industrial, como os de sodio, potasio, calcio, amonio e cobre (II).
-
s
m
[QUÍM]
Dianión de fórmula SO 4 2- , que deriva formalmente do ácido sulfúrico por perda dos dous átomos de hidróxeno da súa molécula.
-
s
m
Calquera tipo de substancia usada para combater as pragas das plantas.