sumagre

sumagre

(< ár summāq)

  1. s m [PLANTA]

    Arbusto perennifolio, de 1 a 3 m de altura, con follas compostas, imparipinnadas, con folíolos ovais ou lanceolados e dentados. As flores son pequenas, numerosas e de cor branca, dispostas en tirsos e froito en drupa de cor parda vermella. Florece entre a primavera e o verán e os froitos maduran a finais do verán ou principios de outono. A casca e as follas, ricas en taninos, empréganse en curtidos.

    Sinónimos: sumagreira.
  2. sumagre de Virxinia [PLANTA]

    Arbusto, de ata 8 m de altura, con follas caducas, imparipinnadas con folíolos oblongo-lanceolados e dentados. As flores son unisexuais, pequenas, dispostas en espigas e froito en drupa de cor vermella. É orixinario de EE UU e pódese atopar como ornamental en parques e xardíns e asilvestrada en diversas zonas do N da Península Ibérica.

  3. sumagre velenoso [PLANTA]

    Arbusto caducifolio, de 1 a 3 m de altura, con pólas gabeadoras ou rastreiras, follas trifoliadas, flores verdosas, dispostas en acios axilares e froitos en drupa de cor amarela. É orixinario de América do Norte.

Palabras veciñas

sumable | sumación | sumador -ra | sumagre | sumagreira | sumando | sumar