suor
suor
(< lat sudōre)
-
s
f
[FISIOL]
Líquido claro, oloroso e incoloro que é secretado polas glándulas sudoríparas da pel. Está formado principalmente por auga e sales minerais. As súas funcións son a de eliminación de substancias, protector da pel e termorregulador.
-
s
f
Líquido que se destila por porosidade dunha pedra ou dun recipiente.
-
s
f
Sacrificio grande ou traballo fatigoso.
Refráns
- Antes suar que tremar.
- Máis vale suar que espirrar.
- Vale máis suar, que tusir e arrepiar.