superestrato
superestrato
(< super- + estrato)
s
m
[LING]
Lingua que, nun territorio determinado, se introduciu amplamente dentro da área doutra e aínda que non conseguiu asentarse definitivamente deixou nesta algúns trazos. É o caso das linguas xermánicas nos territorios de fala latina, que influíron nalgunhas solucións da evolución do latín nas linguas románicas, como por exemplo o sufixo -engo que se uniu a lexemas latinos para formar palabras como abadengo ou camarlengo.