supermortalidade
supermortalidade
(
s
f
[DEMOG]
Mortalidade de carácter especial que afecta a certos grupos dunha poboación dunha maneira sistemática ou excepcional. No primeiro caso, é típica a supermortalidade masculina que afecta a todos os homes a pesar da superior taxa de masculinidade da natalidade. No segundo caso, trátase de aumentos súbitos da mortalidade a causa de epidemias, catástrofes ou fame, coñecidas como mortalidades catastróficas.