Šuruppak
Šuruppak
Antiga cidade sumeria, situada uns 240 km ao SO de Bagdad (actual Tall Fa’rah). Está documentada desde o final do IV milenio a C (cultura Jamdat Nasr), período ao que pertencen unha serie de táboas coas primeiras mostras de escritura sumeria. Segundo a lenda o seu derradeiro rei, Ziusudra, identificouse con Utnapištim ou Noé.