Synodus ad cadaver

Synodus ad cadaver

Sínodo romano convocado por Estevo VI (897) para xulgar o seu antecesor Formoso, cuxo cadáver foi desenterrado e levado perante a asemblea. Declarada nula a súa elección por ser aceptada sendo xa bispo dunha sé, anuláronse todos os seus actos e ordenacións e o cadáver foi botado ao río Tíber.