sirenio -nia

sirenio -nia

(< lat sirenĭu)

  1. adx

    Relativo ou pertencente aos sirenios.

  2. s m [ANIMAL]

    Mamífero da orde dos sirenios.

  3. s m pl [ANIMAL]

    Orde de mamíferos que están adaptados á vida acuática, cun corpo hidrodinámico recuberto por pouco pelo e unha capa grosa de panículo adiposo subcutáneo, dúas patas anteriores grandes en forma de aletas articuladas no cóbado, cos dedos palmados a xeito de pas, sen patas posteriores e cola en forma de aleta horizontal. A cabeza é maciza cun fociño redondeado, labios grandes e característicos, orificios nasais en posición dorsal, ollos pequenos e miopes e orella externa formada por un canal auditivo duns poucos milímetros de ancho. Existen dous xéneros vivos, Trichechus e Dugong; son de réxime herbívoro e viven ao longo das costas mariñas e nos grandes ríos das zonas tropicais, aínda que a vaca mariña de Steller (Hydrodamalis gigas) vivía no mar de Bering.

Palabras veciñas

sirena | Sirena del Norte, La | sirénido -da | sirenio -nia | Sirera, Manuel | Siret | sírfido -da