Sociedade de Nacións
Sociedade de Nacións
Organismo internacional que se acordou crear na conferencia de paz de París o 28 de abril de 1919. A súa finalidade foi o mantemento da paz mediante a solución pacífica dos conflitos e o desenvolvemento das relacións internacionais. Os seus órganos básicos eran a asemblea, o consello e o secretariado. Estaban asociados outros organismos, como a OIT e o Tribunal Internacional de Xustiza. Non foi capaz de resolver os graves problemas internacionais nos anos que precederon á Segunda Guerra Mundial. Tamén se mostrou inoperante ante as guerras italo-etíope e española e o imperialismo de Hitler. A derradeira asemblea en abril de 1945 acordou a disolución e a transmisión de funcións á ONU.