supino -na
supino -na
(< lat supīnu)
-
adx
Que está deitado sobre as costas e boca arriba.
-
adx
Que é moi grande ou está no seu grao máis alto.
-
s
m
[LING]
Forma nominal do verbo propia dalgunhas linguas indoeuropeas de tipo antigo. En latín, morfoloxicamente, é un substantivo da cuarta declinación, constituído polo sufixo -tum (acompaña verbos de movemento) ou -tu (emprégase con adxectivos que significan ‘bonito’, ‘bo’, ‘útil’ ou ‘digno’) engadido á raíz do verbo.