suplemento

suplemento

(

    1. Aquilo que se lle engade a unha cousa para facela máis completa.

    2. Cantidade adicional que se paga sobre a tarifa normal de certos servizos para conseguir unha mellora neles.

    3. s m [PUBLIC]

      Publicación anexa a outra, que pode ser periódica, como un diario con suplemento deportivo, ou non, como unha enciclopedia ou un estudo monográfico, con ampliación de certos temas ou datos de carácter complementario.

  1. s m [MAT]

    Arco ou ángulo que se engade a outro para conseguir un ángulo plano ou dous rectos.

  2. s m [LING]

    Complemento verbal rexido por preposición.

    Ex: Erguerse da cama.

  3. suplemento de crédito [DER]

    Créditos suplementarios esixidos por circunstancias especiais, que son provistos mediante un expediente de modificación dos orzamentos da administración pública, con concesión de máis crédito.

Palabras veciñas

supleción | suplementar | suplementario -ria | suplemento | suplencia | suplente | supletivismo