susceptibilidade

susceptibilidade

(

  1. s f

    Calidade de susceptible.

  2. susceptibilidade dieléctrica/eléctrica [FÍS]

    Parámetro que mide a facilidade de polarización dun dieléctrico, que é igual ao cociente entre a polarización dieléctrica P e o produto da intensidade de campo E e a permitividade do baleiro.

  3. susceptibilidade magnética [FÍS]

    Cociente entre a polarización magnética P m e a intensidade de campo H. Represéntase por χ m , ou sexa χ m = P m /H = μ 0 (μ r - 1) = μ - μ 0 . É sempre moi pequena (negativa nos corpos diamagnéticos e positiva nos paramagnéticos), agás nos corpos ferromagnéticos, en que é moi elevada.

Palabras veciñas

Susana, santa | susceptancia | susceptíbel | susceptibilidade | susceptible | suscitación | suscitar