tabán
tabán
(< lat tabānu)
s
m
[ANIMAL/ENTOM]
Insecto díptero do xénero Tabanus, de entre 25-30 mm de lonxitude que se caracteriza por ter un aparato bucal chupador, que ocasionan picaduras molestas aos bóvidos, aos équidos, ao home, e en xeral aos animais de sangue quente, aos que lles pode transmitir enfermidades como anaplasmose, anthrax e tripanosomíase. O corpo é robusto, está cuberto de setas, os ollos están moi desenvolvidos e moi xuntos e os últimos segmentos das antenas están alongados e teñen aparencia de corno. O macho é inofensivo, e aliméntase da salvia dos vexetais, mentres que a femia é hematófaga e moi activa a temperatura elevada e con claridade abundante, especialmente sobre as epidermes húmidas.