Tablas de Daimiel, Parque Nacional de Las

Tablas de Daimiel, Parque Nacional de Las

Parque nacional que ocupa 1.928 ha dos municipios de Daimiel e Villarrubia de los Ojos, na provincia de Ciudad Real, Castela-A Mancha. Foi creado en 1973 e é un exemplo do ecosistema chamado táboas fluviais, que se formou polos desbordamentos, na súa confluencia, dos ríos Guadiana e Gigüela, favorecido pola escasa pendente do terreo. Representa os ecosistemas ligados ás zonas húmidas continentais. Unha gran variedade de aves acuáticas viven na zona, e das máis adaptadas á auga están diversas especies de somorgullos, ademais de garzas e todo tipo de anátidas ibéricas. Da flora, as plantas acuáticas son o substrato básico do parque, e as únicas árbores presentes son os tarais. Este parque asegura a supervivencia dun gran número de aves que a utilizan como área de descanso. Ten, entre outras figuras de protección, a declaración de Reserva da Biosfera (1981).

Palabras veciñas

tabique | Tābit ibn Qurra | Tablada, José Juan | Tablas de Daimiel, Parque Nacional de Las | Tableau économique | tablinum* | tabloide