táboa

táboa

(

  1. s f
    1. Peza de madeira plana e de pouco grosor, máis longa ca larga.

    2. Peza plana e pouco grosa, de calquera outro material sólido e ríxido.

    3. Nome de diferentes utensilios domésticos que presentan unha superficie plana e lisa comparable a unha lámina de madeira.

    1. s f

      Lista ou índice das materias contidas nun libro con indicación das páxinas onde son tratadas.

    2. s f [MAT]

      Lista sistemática de resultados, xa obtidos e dispostos en forma axeitada, que facilita o traballo posterior do manexo de datos.

    3. táboa cronolóxica/de cómputo CRON [CRON]

      Forma gráfica de representar esquematicamente os acontecementos por orde cronolóxica, como a sucesión de soberanos e papas ou os elementos de cómputo dos anos, dos meses e dos días.

    4. táboa demográfica [DEMOG]

      Táboa estatística que recolle os datos, por idades e por sexos, que serven para calcular as taxas demográficas. As máis características son as de mortalidade, natalidade, fecundidade e estrutura por idades.

    5. táboa de verdade [FÍS]

      Táboa de operación que proporciona, para as diferentes variables de entrada, os valores da operación dada tendo en conta todas as combinacións posibles dos valores das variables.

    6. táboa periódica dos elementos [QUÍM]

      Ordenación dos elementos dunha táboa para poñer de manifesto a periodicidade das propiedades destes co aumento do número atómico. Historicamente, o primeiro intento neste sentido foi feito en 1817 por J.W. Döbereiner, que clasificou algúns elementos en tríadas, cuxo elemento central presentaba un peso de combinación que era a media de pesos correspondentes aos dous extremos. En 1862 A.E.B. de Chancourtois dispuxo os elementos segundo a orde do peso atómico, para a que seguiu unha curva helicoidal no espazo, de maneira que os pesos atómicos que se correspondían nas sucesivas voltas da hélice diferían en dezaseis unidades, e observou que os elementos con propiedades similares estaban situados preto dos puntos correspondentes. En 1869, D.J. Mendelejev, como consecuencia dun estudo completo da relación entre os pesos atómicos dos elementos e as súas propiedades físicas e químicas, especialmente as de valencia, propuxo unha táboa periódica que consistía en dezasete columnas. Nesta, as ringleiras horizontais denomínanse períodos, mentres que as columnas reciben o nome de grupos, e os átomos que as forman presentan unha similitude electrónica que se reflicte nunha semellanza de propiedades físicas e químicas comúns. OBS: Tamén se denomina clasificación periódica dos elementos.

    7. táboas astronómicas [ASTRON]

      Publicación que contén unha colección de datos dos movementos e as posicións dunha serie de astros relativos a un período de tempo determinado. Destacan as táboas de Newcomb (1985) para Marte, Xúpiter, Saturno e Urano.

    8. táboas financeiras [ECON]

      Recollida sistemática de valores financeiros previamente obtidos, coa finalidade de facilitar o seu cálculo. Inclúen basicamente os valores finais e actuais dunha renda, dun capital, segundo diversos tipos de interese e segundo os períodos de tempo.

  2. s f [HIST]

    Aduana que nos reinos de Navarra e Aragón percibía, durante o s XV, a peaxe polo dereito de paso de fronteiras.

  3. s f [ARTE]

    Pintura feita sobre un soporte de madeira. Foi característica da pintura de cabalete medieval ata que foi substituída pola tea, no s XVI.

  4. [DEP]
    1. s f

      Prancha longa que se usa en certos deportes como soporte.

    2. táboa de surf

      Prancha sobre a que o deportista, dereito ou boca abaixo mantén o equilibrio mentres escorrega pola crista dunha onda.

  5. s f

    Leito dun carro.

  6. s f

    Terra de labor que se sitúa entre dúas ringleiras de árbores.

  7. s f [MAR]

    Cada unha das pezas planas de madeira que se empregan na construción da cuberta e da parte exterior dunha embarcación de madeira.

  8. s f

    Dobre dobra ancha e plana que se fai como adorno nalgunhas pezas de vestir, especialmente as saias.

  9. [TÉXT]
    1. s f pl

      Peza de madeira resistente e ben seca, relativamente estreita e coa superficie superior alisada e pulida que, disposta horizontalmente entre as dúas caixas dun tear, serve de soporte á lanzadeira no seu movemento entre estas. Estas táboas tamén se denominan táboas sinxelas , para distinguirse das táboas de caixas ou táboas de xogo , que están construídas con máis dunha caixa a un extremo ou a ambos os dous extremos para poder tecer con máis dunha lanzadeira. Nos teares a man denomínanse táboas de voante polo que o lanzamento da lanzadeira se produce estirando un cordel atado aos dous tacos que están aos dous extremos das táboas.

    2. táboas de arcadas

      Prancha de madeira ou doutra materia que, na montura jacquard, contén unha sucesión de buratos, moi achegados e distribuídos xeometricamente que forman ringleiras, polos que pasan as arcadas.

  10. s f pl [XOGO]

    Estado do xogo de xadrez ou damas en que, dada a posición das pezas, non pode gañar a partida ningún dos xogadores.

  11. s f pl [ESPECT]

    Escenario teatral.

  12. táboa de harmonía/harmónica [MÚS]

    Tapa superior da caixa de resonancia dun instrumento de corda ou de teclado que constitúe un elemento esencial para a vibración e a propagación do son.

  13. táboa rasa [FILOS]

    Expresión aplicada, na linguaxe escolástica, á alma ou á mente para significar (en oposición ao innantismo) que non posúe ningunha idea con anterioridade á experiencia independentemente dela.

  14. táboas da Lei [RELIX]

    As dúas táboas de pedra en que Moisés, ou Deus mesmo, segundo a tradición deuteromónica, gravou o decálogo.

Frases feitas

  • Facer táboa rasa. Non tomar algo en consideración.

  • Táboa de salvación. Último recurso que queda para superar unha situación difícil.