Táchira
Táchira
Estado do O de Venezuela, que limita ao N co estado de Zulia, ao L cos de Mérida e Barinas, ao S co de Apure e ao O con Colombia (11.100 km2; 992.669 h [estim 2001]). A súa capital é San Cristóbal. É unha rexión moi montañosa, pola que atravesa a Sierra Nevada de Mérida cunha dirección SO e NL. Os ríos máis importantes son o Uribante, o Táchira e o Grita. Destaca a produción de cana de azucre, tabaco e froita. Ten minas de carbón, ouro, cobre e fosfatos.