taco
taco
-
s
m
Anaco de madeira ou outro material que se emprega para encaixar nun burato e soster un obxecto clavado ou fixado nel.
-
s
m
Porción pequena dunha cousa cortada en forma de prisma.
-
s
m
Conxunto de papeis de forma regular que forman un bloque.
-
s
m
Alimento lixeiro que se toma entre horas.
-
s
m
2 morteiro.
-
s
m
Peza do calzado que vai pegada á parte posterior da sola, no lugar do calcañar, para levantar o pé.
Sinónimos: tacón. -
s
m
Persoa baixa e gorda.
-
s
m
[XOGO]
Bastón de madeira dura e puída, lixeiramente cónico, co que se impulsan as bólas no xogo de billar.
-
s
m
[BÉL/HIST]
Cilindro de tea, estopa, papel e outros materiais co que se mantiña a pólvora comprimida, disposta entre este e o proxectil, nas armas antigas.
-
s
m
[TÉXT]
Peza de coiro ou de material sintético que acciona a lanzadeira dos teares mecánicos que a posúen.