tacto
tacto
(< lat tactu)
-
s
m
Sentido mediante o que son percibidas as calidades palpables dos obxectos.
-
s
m
Acción de tocar.
-
s
m
Calidade da superficie de algo que se percibe ao apalpala.
-
s
m
Habilidade para obrar segundo a oportunidade, as circunstancias ou as conveniencias sociais.
-
s
m
[MED]
Exploración, por palpación cun ou máis dedos, do interior dunha cavidade.
-
s
m
[MÚS]
Antiga unidade de duración baseada no ritmo cardíaco que regulaba o tempo de execución musical. Independente da acentuación métrica, comportaba divisións das que as máis habituais eran o tempo binario e o ternario. Foi substituído no s XVII polo compás.
Refráns
- Non poderá o cego ver, pero ben sabe apalpar.