taekwon-do*

taekwon-do*
s m [DEP]

Arte de atacar e de defenderse de orixe coreana. Deriva do karate e obedece aos seus mesmos principios, pero coa diferenza de que os golpes non son simulados senón reais. Os combates constan de tres fases de dous minutos cada unha. Ata 1979 a súa práctica foi case clandestina en España, pero desde entón practícase baixo a disciplina da Federación de Judo. Nos Xogos Olímpicos de Barcelona (1992) foi un dos tres deportes de demostración.

Palabras veciñas

TAE | Taegu | Taejŏn | taekwon-do* | Taenia | Taeuber, Sophie | Taeuber-Arp, Sophie