tal

tal

(

  1. Parroquia do concello de Muros baixo a advocación de Santiago.

  2. ident

    Fai referencia a algo xa expresado con anterioridade.

    Ex: Nunca oín tal cousa.

  3. ident

    Expresa a intensidade de algo, destacándoa.

    Ex: Levou tal susto que case non o conta.

  4. ident

    Fai referencia de forma indeterminada a algo que se nomea, sen precisalo.

    Ex: Chamo a tal persoa e xa o soluciona todo.

  5. adv

    Así, desta maneira.

    Ex: Tal me falou, que non souben que contestar.

Frases feitas

  • (Ser) tal para cal (Ser) moi parecidas dúas persoas, especialmente no malo.

  • Coma tal Emprégase para introducir un exemplo ou explicación.

  • De tal...tal... Serve para poñer en relación dous elementos que se corresponden, comparándoos. Ex: De tal pai, tal fillo.

  • Que tal? Úsase para saudar ou preguntar a alguén como está.

  • Se tal Se é preciso.

  • Si/non tal Reforza a expresión de afirmación ou negación.

  • Un tal Seguido de nome propio, indica unha persoa descoñecida ou pouco coñecida.

  • Con tal (de) que loc conx Indica condición.

  • Fulano de tal Emprégase para designar a unha persoa sen indicar o seu nome propio.

  • O/a tal O apropiado ou idóneo.

  • Tal cal/tal (e) como loc adv Da mesma maneira que se indica.

Palabras veciñas

Takis | Takizawa Bakin | Takla Makan | tal | Tal | tal | Tal