talampicilina
talampicilina
s
f
[QUÍM/MED]
Antibiótico que deriva da ampicilina. Quimicamente é o éster da ampicilina con 3-hidroxiftahida. O seu clorhidrato preséntase en forma de pos brancos que se funden a 154-157°C. Non ten acción antibacteriana intrínseca pero, se se administra por vía oral, absórbese case totalmente e con máis rapidez ca a ampicilina libre, en que se converte mediante os enzimas do tecido intestinal. Emprégase para o tratamento da bronquite, a pneumonía e outras infeccións.