talco
(< ár hispánico ṭálq< ár clásico ṭalq < persa talk)
-
s
m
[MINERAL]
Silicato de magnesio hidratado, de fórmula Mg 3 Si 4 O 10 (OH) 2 . Cristaliza no sistema monoclínico, en forma de masas frondosas ou en agregados de grao fino. Ten un brillo de perla, unha densidade de 2,82, unha dureza de 1 e unha cor verde clara, aínda que ás veces é branco ou gris, e tamén pode ser avermellado por causa de impurezas de óxidos de ferro. É moi suave, mol, untuoso ao tacto e moi adherente. Nalgúns tipos de rochas pode ser un mineral moi frecuente, como no caso da esteatita ou xabón de xastre, variedade de talco informe e compacta. O talco ten moitas aplicacións comerciais, a máis coñecida é posiblemente en forma de pos, pero tamén se pode utilizar nos satinados de papel, como material illante ou para traballos de talla. En Galicia atópanse xacementos de talco en Meaño, Sobrado, ou xacementos de esteatita, como en Moeche, ou de lousas talcosas, como en Ferrol ou Foz.
-
pos de talco
[MED]
Pos brancos e untuosos ao tacto que se obteñen do talco. Non poden conter nin materia orgánica nin substancias solubles en auga ou ácido clorhídrico. Emprégase como protector cutáneo.