Talleyrand
Familia feudal occitana da casa condal de Perigord, iniciada por Elies de Perigord coñecido como Taleran (morto en 1205), fillo do conde Elias V. O seu fillo Boson de Taleran recibiu do seu tío, o conde Arquimbaldo II de Perigord, o señorío de Grinhòls e foi pai de Elias Taleran (morto en 1322), que adquiriu por matrimonio en 1270 o señorío de Chalais. Os seus descendentes empregaron desde o s XVI o título de príncipe de Chalais (que desde 1714 tivo anexada a grandeza de España). En 1613 Daniel Taleran foi nomeado conde de Grinhòls e obtivo por matrimonio o marquesado de Eissidelh. Este patrimonio dividiuno entre os seus fillos: Charles de Taleran foi o príncipe de Chalais, marqués de Eissidelh e vizconde de Fronsac e formou unha liña, que en 1743, ao recaer nunha muller, se uniu á formada polo outro fillo, Andrieu de Taleran , que herdou o condado de Grinhòls. Deste foi bisneto Daniel de Talleyran (morto en 1745), quinto conde de Grinhòls e de Mauriac e marqués de Talleyrand, quen foi pai do cardeal Alexandre Angelique de Talleyrand-Périgord (morto en 1821), arcebispo de Reims e de París; do tenente xeneral Gabriel de Talleyrand-Périgord (morto en 1797), que casou coa herdeira da liña de Chalais, que continuaron os seus descendentes ata 1890, cando se extinguiron, e recolleron a sucesión os Galard de Brassac de Berarn; e de Charles Daniel de Talleyrand-Périgord (morto en 1788), que foi pai de Charles Maurice de Talleyrand-Périgord .