tálpido -da
tálpido -da
(< lat científico Talpa)
-
adx
Relativo ou pertencente aos tálpidos.
-
s
m
[ANIMAL]
Mamífero da familia dos tálpidos.
-
s
m pl
[ANIMAL]
Familia de mamíferos, da orde dos insectívoros, cun corpo robusto, case cilíndrico, patas e cola curtas e cabeza rematada nun fociño estreito. De costumes subterráneos, presentan modificacións sobre todo nas patas dianteiras, resultado da adaptación á vida subterránea. Tamén hai representantes adaptados á vida acuática que teñen os dedos das patas de atrás unidos por unha membrana. Aliméntanse de vermes de terra, insectos e raíces. Comprende numerosos xéneros repartidos por Europa, Asia e América setentrional, como Toupa, Desmana, Galemys e Scalopus.