Tannenberg, Batalla de

Tannenberg, Batalla de

Enfrontamento que tivo lugar na vila de Tannenberg, preto de Osterode, en Prusia oriental, os días 26-29 de agosto de 1914, ao inicio da Primeira Guerra Mundial, entre o exército alemán, dirixido polo xeneral Hindenburg, e as tropas rusas do xeneral Samsonov. Os exércitos rusos, dirixidos por Rennekampf e por Samsonov, invadiran Prusia Oriental. Hindenburg atacou e derrotou completamente ao illado Samsonov preto de Uzdowo, un pouco ao S do histórico lugar de Tannenberg.

Palabras veciñas

Tanjungkarang-Telukbetung | tanka | tanlla | Tannenberg, Batalla de | Tannhäusser | Tanning, Dorothea | Tannu-Ola