tanxente
(< lat tangente ‘que toca’)
-
tanxente dun ángulo
[MAT]
Dados dous eixes perpendiculares x e y, unha circunferencia de raio 1 centrada no punto de intersección dos eixes, e un segmento que forma un ángulo α co eixe x, lonxitude do segmento, perpendicular ao eixe x, determinado entre o punto da circunferencia de coordenadas (1,0) e o punto en que este segmento se interseca co segmento dado. Denótase por tx, e cúmprese que tx α = sen α/cos α.
-
tanxente hiperbólica dun número real
[MAT]
Número real th(x) que, dado un número real x, vén definido por th(x) = (e x -e -x )/(e x +e -x ).
-
[MAT]
-
adx
Que toca nun só punto unha liña ou unha superficie, pero sen cortala.
-
s
f
Recta que pasa por un punto P dunha curva ou dunha superficie e é a posición límite dunha recta variable que pasa por este punto e por outro da mesma curva ou superficie que se move ata coincidir co primeiro. Se a ecuación da curva plana é y=f(x), a tanxente no punto P(x 0 , f(x 0 )) é a recta: y-f (x 0 ) = g’ (x 0 ) (x-x 0 ). OBS: Tamén se denomina recta tanxente.
-
plano tanxente
Dada unha superfice z = f(x,y) e un punto P [x0, y0 f(x0, y0)], plano que contén as rectas tanxentes neste punto en todas as curvas contidas na superficie considerada e que pasan polo punto [x0, y0, f(x0,y0)]. A ecuación deste plano é
FORMULA -
vector tanxente
Dada unha curva calquera x = x(t), y = y(t), z= z(t), e un punto [x(t 0 ), y(t 0 ), z(t 0 )], vector paralelo a [x’(t 0 ), y’(t 0 ), z’(t 0 ) e de módulo unidade.
-
adx