1 tapa

1 tapa

(

  1. s f

    Peza móbil que cobre ou pecha pola parte superior calquera recipiente ou caixa e que pode ser independente ou estar fixada polo bordo.

    Sinónimos: tampa, tapadeira.
  2. s f

    Cuberta dunha encadernación que adoita ser de material duro e que constitúe a primeira e a última folla.

    Sinónimos: pasta.
  3. s f

    Cada unha das pezas de sola que forman o tacón dun zapato ou de calquera outro calzado.

  4. s f

    Peza de tea aplicada nun dos lados dunha abertura de certas pezas de vestir para que monte sobre o outro lado e peche a abertura.

  5. s f pl

    Pequena porción dun alimento que se serve en tabernas, bares e establecementos semellantes para acompañar unha bebida.

    Sinónimos: petisco.
  6. s f

    Carne dos animais bovinos correspondente á parte posterior da metade superior da coxa.

  7. s f [ZOOL]

    Cuberta córnea que envolve a pouta dos mamíferos naqueles que a teñen.

  8. s f [ANIMAL/ICT]

    Peixe teleósteo, de ata 20 cm de lonxitude, co corpo plano, en que as aletas dorsal e anal empalman claramente coa caudal. É de cor castaña con manchas escuras e unha banda escura que parte dos ollos cara aos laterais. Vive nos fondos mariños.

  9. tapa do ollo [ZOOL]

    pálpebra.

  10. tapa dos miolos [ZOOL]

    Parte superior do cranio.

Palabras veciñas

taoísta | taolla | Taounate | 1 tapa | 2 tapa | tapabocas | tapaburacos