tapizaría

tapizaría

(< tapiz)

  1. s f

    Arte e técnica de facer tapices. Esta técnica parece ter a súa orixe en Babilonia. Nos primeiros séculos da era cristiá foron moi importantes os tapices dos coptos. Os primeiros tapices dos que se ten referencia, na antiga China, foron confeccionados en seda. Probablemente chegou aos países árabes pola ruta da seda, e a través destes, á Península Ibérica. Durante os ss XI, XII e XIII a técnica máis usual nos países occidentais foi a de bordar sobre tea de liño. Na Europa medieval, desde o s IX contribuíron á ornamentación de igrexas e palacios, e xa durante o s XIII e sobre todo o XIV os mosteiros, especialmente franceses e occitanos, dedicáronse ao tapiz, entre outros Poitiers e Limoges.

    Sinónimos: tapicería.
  2. s f

    Lugar onde se fabrican ou venden tapices.

    Sinónimos: tapicería.
  3. s f

    Tecido que se utiliza en decoración para revestir asentos ou outros mobles.

    Sinónimos: tapicería.

Palabras veciñas

tapiz | tapizado -da | tapizar | tapizaría | Tapoa | tapón | taponamento