Taraio, pazo de
Taraio, pazo de
Construción situada en Taraio (Malpica de Bergantiños). Construíuse en cantaría de granito, con planta en forma de L pero as reformas conformaron unha planta rectangular. Na fachada conserva un escudo coas armas dos señores de Taraio.