tarasco -ca

tarasco -ca
  1. adx

    Relativo ou pertencente aos tarascos ou á súa lingua.

  2. s [ETN]

    Individuo do pobo tarasco.

  3. s m pl [ETN]

    Pobo amerindio que habita no NO do estado de Michoacán (México), na rexión dos lagos, preto de Pátzcuaro. A súa cultura, reflectida na crónica Relación de Michoacán (s XVI), mantense en gran parte. Son excelentes artesáns, traballan o óso e a madeira.

  4. s m [LING]

    Lingua independente que falan os tarascos.

Palabras veciñas

tarar | Tarás | tarasca | tarasco -ca | Tarasio, san | Taraxacum | Taraza