2 taro*

2 taro*
  1. s m [PLANTA]

    Planta herbácea perenne, de ata 2 m de altura, con grandes follas peltinervias e oblongo-ovadas. É orixinaria do SL asiático e extensamente cultivada en Polinesia para a obtención dos tubérculos comestibles.

  2. s m [ALIM]

    Tubérculo da planta do taro. É o alimento básico dos polinesios, os que, despois de asalo ou cocelo para destruír un glicósido que contén, preparan o poi, que é unha masa pastosa amilácea, de gusto un pouco acedo pero agradable.

Palabras veciñas

Tarnobrzeg | Tarnów | 1 taro | 2 taro* | taroco | tarot | tarouco -ca