Tarragona

Tarragona

Provincia de Catalunya, integrada por 183 municipios e 8 partidos xudiciais (6.282 km2; 609.673 h [2001]). A súa capital é Tarragona. As paisaxes de cereais, viñedos, hortas e froiteiras alternan con oliveiras. Destacan as industrias alimentaria, téxtil, química e papeleira, e o turismo, centrado en Salou e Cambrils. O poboamento concéntrase en cidades como a capital e outros núcleos como Reus (89.006 h [2001]), Tortosa (28.933 h [2001]), Valls (20.232 h [2001]), El Vendrell (23.744 h [2001]), Cambrils (21.000 h [2001]) e Amposta (16.865 h [2001]).

Palabras veciñas

tarrafa | tarrago | Tarragona | Tarragona | tarrancha | tarrañola | tarrantés