1 tasca

1 tasca

(

  1. s f [TÉXT]

    Proceso de tascar o liño, para convertelo en fío, que consiste en separar as partes máis duras e leñosas das fibras téxtiles. Realízase cuns grandes cepillos de pugas metálicas ou restrelos sobre os que se pasan os feixes de liño. Despois deste proceso as fibras do liño xa están preparadas para o fiado e dependendo da intensidade con que fose realizado resultan catro tipos fundamentais de fibras con catro calidades distintas: liño, estopa, tascos e tomentos.

  2. s f

    Táboa que se emprega para tascar o liño.

Palabras veciñas

tarxelias | tarxeta | Tarzán | 1 tasca | 2 tasca | tascador -ra | tascanear