tatú

tatú

(

  1. s m [ANIMAL]

    Mamífero xenartro, da familia dos dasipódidos, que se caracteriza por ter unha armadura dorsal moi consistente.

  2. tatú carreta [ANIMAL]

    Mamífero xenartro que acada entre 75 e 100 cm de lonxitude, coas orellas moi grandes, a unlla do terceiro dedo da man moi desenvolvida, e unha gran mobilidade na súa armadura. Ten costumes nocturnos e escavadores, e aliméntase de insectos. Habita nos bosques próximos aos cursos de auga, nas rexións tropicais de América do Sur, ao L dos Andes.

Palabras veciñas

tato -ta | Tatra | Tatti, Iacopo | tatú | tatuar | tatuaxe | Tatum, Edward Lawrie