Tauro
Tauro
-
[ASTRON]
Constelación zodiacal situada entre as de Perseo, Cocheiro, Xémini, Orión, Eridano, Balea e Aries. Contén 216 estrelas visibles, e o seu astro principal é α- Tauri, coñecido co nome de Aldebarán. A constelación contén tamén unha nebulosa de emisión denominada nebulosa de Cáncer, e dous cúmulos abertos.
-
Segundo signo do zodíaco, ao que pertencen os nacidos entre o 20 de abril e o 20 de maio. OBS: Tamén se denomina Touro.